Anuskhadas que chegan voando

anuskhadas

Hai un par de semanas chegou á tenda este lindo moucho feito por Ana. A verde é a lá Charly Vert Fluor e a azul, a Impact 3,5 Turquoise. Ambas lás son moi baratas pero teñen a calidade de Phildar. E son preciosas 🙂 Que máis se pode pedir?

Grazas Ana por falar tan ben de Miquinho no teu blog Anuskhadas!

Por certo, Ana é a profe do monográfico Customización de prendas con aplicacións de tea e as alumnas están encantadas con ela.

Advertisements