Preparando cousiñas para o Pepa´s Market de Nadal

crochet_mugcuncas

É domingo pero toca traballar: esta próxima fin de semana Miquinho terá un posto no Pepa´s Market de Nadal e hai que facer cousiñas para poñer á venda.

Como pequeno adianto esta cunquiña. Estará á venda no Pepa´s pero é un regalo moi sinxelo que podes facer ti mesmo. Os materiais?  Lá Partner 6 de Phildar e botonciños corazón (ambas cousas á venda en Miquinho) A cunca que usamos esta vez é un pote da marca Ibili e foi comprada nun comercio do barrio: a  Ferretería Marcos

Sempre que poidas, compra na túa cidade, no teu barrio!

.

Advertisements