a febre dos turbantes!

DSC_1113-1 IMG_20131221_215209

Hai unhas semanas na tenda preguntáronme se tiña turbantes á venda. Así que esta fin de semana, que estiven nun mercado de artesanía e segunda man, aproveitei o tempo para facer un.

Escollín a lá Ilíade de Phildar, que é quentiña porque ten un 30% de lá pero ao mesmo tempo ten un toque rústico e non se deforma facilmente. Chegoume un novelo de 50gr e aínda me sobrou unha poucade lá! En Miquinho temos a Iliade, moi ben de prezo.

Con agullas do 3,5 montei 20 puntos. Calcetei a punto bobo toda a cinta: uns 48 cm. Se a memoria non me falla foron 80 voltas. Eu prefiro facer o punto bobo calcetando sempre do revés. Oín varias veces que fica mellor e no meu caso particular, así é.

Cerrei a banda. A zona da costura fica oculta coa bandiña estreita. Tecín despois unha pequena cinta de 8 puntos (18 voltas)  Uns 10 cm. Cerreina e suxetei a banda e o  fruncido cunhas puntadas pola zona do revés.

E voilá! Orellas quentes neses días de vento do nordés 🙂

Advertisements