O lavado das prendas delicadas

lagarto

É víspera de Reis pero Miqunho decidiu non abrir hoxe. Esta servidora precisaba un descanso e uns días para adicar a si mesma…. pero sobre todo, para poñer unha pouca de orde no seu pobre e abandonado fogar.

Esta mañá tocou lavar uns snoods de lá. E coma sempre, decidin seguir os consellos da miña sabia nai. Comprei xabrón lagarto en escamas na Droguería La Ibérica (os que sexades de Ferrol saberedes que falo duha tenda desas de “toda la vida”) e alí o tiña esperando a ter un tempiño libre.

O mellor para diluir o xabrón é botar as escamas (para unha prendiña chega cunha pequena culler) en auga moi quente. Eu utilizo o fervedor de auga. Cando estean ben diluidas as escamas, só hai que acabar de encher o lavabo ou o recipiente que usemos con auga fría. É importantísimo que a auga estea fría cando metamos a prenda!!!

Sumerximos a prenda e movemos a auga de cando en vez. Cuns 20 min chegará. A continuación hai que cambiar a auga dúas veces para eliminar todo o xabrón.

Antes de tender, sempre mellor en horizontal para que o peso non deforme a prenda,  hai que enxugar delicadamente. Isto é, presionar pero nunca enroscar.

Eu antes utilizaba “deterxentes” especiais” para lá, pero dinme conta de que o xabrón natural limpa mellor os puños dos xerseis, por exemplo, e as prendas fican iguais de suaves. E non vou negalo, foi duro deixar a lavadora, pero adicar uns minutos a unha prenda boa paga a pena.

Feliz domingo!!!!

 

 

Advertisements