Xa temos teas!!!!

Feliz venres! Eu estou contentísima porque acabo de subir á tenda online as primeiras teas que vende Miquinho! Son teas de primeira calidade, feitas por Gütermann, 100% algodón, 145cm de ancho e… tan bonitas! De momento só hai 5 modelos na tenda pero se che interesa algún máis pódese pedir. Temos aquí tamén os catálogos impresos, onde hai moitas fotografías que dan ideas das cousas tan bonitas que se poden facer con estas teas. Ás alumnas das clases de corte e confección e roupa de nenos encantoulles. Seguro que saen cousas preciosas delas!

Links:

Collection Summer Loft e patróns

Collection French Cottage e patróns

Sección de teas na tenda online de Miquinho

Imagen 1ringaroses_gutermann

loftcottage

Advertisements