entroido diy (I)

Ola ola! Achégase o Entroido e estou a traballar nun encarguiño dun disfraz a crochet. É o primeiro que fago e xa teño ganas de máis porque estiven a mirar pola rede e atopei cousas tan ❤  que non vou poder parar!

Ademais teño que confesar que aos meus 31 anos adoro disfrazarme, pásoo xenial 🙂

Con moitas ganas de compartir esta información de vital importancia para min, velaquí está a miña primeira selección… a de Star Wars!  Espero que vos sirva de inspiración para facer os vosos propios disfraces na casa, que son sempre os mellores 🙂

yoda

Fonte: ” The Things Becky Does

leia

Fonte: Etsy

ewok

Fonte: Costume Express

r2

Fonte: Yellow Pear Photography

Advertisements