Cursos de costura en Miquinho

Desde que empezou o curso de confección de roupa para nen@s en outubro, as alumnas teñen feito cousas preciosas para os seus meninos, sobriñas, netos… E a única baixa que tivemos foi maternal (non podía ser doutra maneira! ) Aínda queda algún sitio no turno de mañá e no de tarde, así que non o penses máis e vén crear a Miquinho. Nin importa do nivel que partas xa que a profesora se adapta ao alumnado.

Que inclúe a cota mensual? O curso, guiado por unha profesora con moitos anos de experiencia na confección de roupa infantil, inclúe o uso de máquina de coser e remalladora, (con fío branco, negro e marrón) Para os primeiros días os alumnos contan tamén con material básico de costura: fío de hilvanar, agullas, reglas, papel de patronaxe, cinta métrica…
Contamos así mesmo cunha pequena “biblioteca” para inspirarnos! + info

canastilla

Advertisements