Pensando xa nos vestidiños de verán!

Non sei por que levo días pensando xa nos vestidiños de verán e non paro de darlle voltas ás primeiras teas de algodón de Miquinho! Ademais das que xa publiquei de Gütermann acaba de chegar a primeira de Dear Stella, cun estampado tan de verán que dá morriña de sol 🙂 TUMBONAS

A tea “Tumbonas” está xa á venda na tenda online de Miquinho, na sección teas de algodón (e no obradoiro tamén, claro)

Botando un ollo pola rede atopei uns cantos vestidos feitos na casa con teas Dear Stella. A que dan ganas de apuntarse ás aulas de corte e confección de Miquino? ;):

Imagen 4

fonte: Flickr

dear-stella-project-2

Fonte: Jolies Bobines

71-1024x532

Fonte: Dear Stella Design 

Advertisements