mitones súper-fáciles!

Andamos toda a familia con mitones, moi útiles para andar co móbil na rúa, no ordenador… Como facer uns moi moi simples?

mitones_partner

Para unha man de muller, con lá Partner 6:

1. Montar 27 puntos ¿Por que montamos un número impar de números? porque facilita moito o punto de arroz dobre e o cosido do elástico fica moito mellor 2. Traballar a punto de elástico (1×1) durante 7 cm . 3. Traballar a  punto de arroz dobre 9 cm máis. 4. Acabar con 4 centímetros de punto elástico. 5. Coser todo o lateral excepto un par de centímetros para o dedo gordo 🙂

Eu sigo un truco para que me sexa máis doado facer o punto de arroz dobre: Cando estou a acabar o elástico de abaixo, fago a última pasada todo do revés en vez de alternar dereito e revés. Polo dereito non se nota pero fica marcado o revés do labor con esta pasada. Desta maneira, no dereito fago os puntos segundo me veñan, e no revés cambio e fágoos ao contrario do que me veñen. Así non teño que andar a contar pasadas. 

mitones

Advertisements