Phil Douce é amor!

Acaba de chegar a Miquinho a Phil Douce de Phildar en novas cores. É unha lá que ofrece moitísimas posibilidades, incluso para os principiantes na calceta. Aquí tedes uns cantos modelos que persoalmente me encantan 🙂

Para decoración…

coxins coxin2alfombra

Fonte: coxíns do libro Universo bebé de edicións Marie Claire e alfombra do Catálogo Layette nº84 de Phildar

Chaquetas moi lixeiras e amorosas…

chaquetatarxeta

Fonte (de esquerda a dereita) Catálogo Layette-Pitchoun nº 96 de Phildar (dispoñible en www.miquinho.com) e Catálogo Layette-Pitchoun nº 61 de Phildar

Nun xersei mariñeiro, combinada con outras lás, como a Partner 6 de Phildar…

xerseimarinheiro

Fonte:  Catálogo Layette nº93 de Phildar

Para complementos como gorros, mitones e bufandas…

gorro_pandacomplementos223330_F1gorro

Fonte (de esquerda a dereita) Catálogo Layette-Pitchoun nº99 de Phildar,  Catálogo Enfant-Layette nº 78 e Layette-Pitchoun nº 61

Tamén para adultos…

bragamoteracuello

Fonte (de esquerda a dereita): Libro Je débute au tricot de Phildar e Catálogo Femme nº94 de Phildar

Na foto do medio combínase coa lá Frimas de Phildar.

E peluches ! 

bonecos

Fonte: libro Universo bebé de edicións Marie Claire.

Na tenda online de Miquinho podes ver a Phil Douce dispoñible neste momento na tenda, clickando aquí.

Advertisements