Curso de Nuvole Scrapbooking en Miquinho

nuvole

 

Curso básico de Scrapbooking impartido por Nuvole 

 

Data: 29 de marzo (sábado de 10 a 14h)

Información sobre o curso: Dentro dos obradoiros básicos que imparte Nuvole está o básico de Scrapbooking.  Neste curso básico de 4 horas o alumnado recibe nocións básicas de técnicas, vocabulario, materiais, etc. Ademais vai poñer en práctica todo o aprendido realizando un soporte (un mini-album) e 3 páxinas básicas de Scrapbooking (de 15×21 aprox).

Sobre as profesoras: As rapazas de Nuvole demostran que son todo bo gusto e traballo duro! Para mostra a súa preciosa tenda localizada na rúa San Agustín nº3 da Coruña. Podes vela no seu facebook.

Prezo: 39,90 €. Inclúe todo o material e un pequeno almorzo para o descanso de media mañá.

Apúntate en Miquinho, de prazo até o 22 de marzo.

+ Info:  tfno. 881937320 info@miquinho.com

 

 

Lembra que tes toda a información dos cursos que se realizan en Miquinho na sección Obradoiro

Advertisements