Novidades primaverales!!!

Despois de moita choiva chegou o sol e con el as ganas de traballar cores, algodón e de pasear as nosas creacións!  Para acabar de aledarme o día o meu distribuidor mandoume onte un pedido moi primaveral. Lás de primavera e bolsas estampadas… flores! Fago un pequeno resumo:

1. Bolsa de labores. Vale para costura pero tamén para calceta porque caben perfectamente as agullas de 40cm. Dispoñible en verde/laranxa e lila. O interior é de lunares! Podes ver máis fotos na tenda online, neste enlace.

bolsaverde

2. Algodón Paillettes de Phildar. Que o glitter non despiste, unha camisetiña feita con este algodón fica xenial cuns vaqueros. Á esquerda unha foto do resultado da cor Perle e á dereita un novelo da cor Opale, a miña preferida! Mira todas as cores na tenda.

76a1d0cd6f934a8951d7efaa94ffe3f6 Phildar-Paillettes_003

3. Chegaron tamén máis cores da Cabotine. Phildar ampliou cores e pouco a pouco quero telas todas en Miquinho, porque pode ser que a Cabotine sexa a miña lá preferida da marca francesa. Por que? polas cores, a textura, o ben que se calceta e se ganchilla e o bo resultado que dá. Teño un xersei desde a primavera pasada e está intacto (métoo na lavadora, en agua fría e lavado curto, mellor o programa de prendas delicadas que ten máis auga) Tódalas cores e máis info sobre este fío aquí.

cabotine-1 cabotine-2 cabotine

4. Lambswool é unha lá moi fina e de cores moi alegres polo cal é ideal para abrigarnos na primavera. Está composta nun 51% de lá de año. Unha clienta quería facer este modelo e trouxen as cores que me faltaban. Podes velas aquí. Por certo, aínda teño stock da revista, por se vos interesa.  Vén con explicacións en castelán.

chaquetia27892_2337_F1

Pois con todas estas novidades non vale a excusa de que os labores son para o inverno! A coller unha bolsiña de labores e a disfrutar no parque 🙂

Advertisements