25 de abril sempre!

 

Hoxe máis que nunca Portugal defende o espírito do 25 de abril. Os recortes teñen á poboación desesperada e na rúa escóitase “O povo é quem mais ordena!” porque é preciso devolver a soberanía aos que realmente levan o país adiante fronte aos que seguen ordes dos bancos e a unha Europa allea á realidade dos portugueses.

Nese espírito crítico naceu A Agulha Inquieta, un proxecto de expresión que me ten namorada. Carmo Cardoso é unha bordadora reivindicativa que sintetiza en poucas palabras e con moita retranca todo o seu malestar e tódalas súas ganas de mudar as cousas. Conseguir unir así unha alma feminista, moderna e crítica ao folclore e as tradicións do seu pobo é unha marabilla. Eu que vivin en Portugal e teño un 50% de alma tripeira síntome moi identificada e quero compartir con vós as súas creacións. Podedes ver moitísimas máis no seu facebook

acordai 1003924_498247156958319_621560534_ncortes democraciasonhossonharecravos

entrevista posto

Podedes ver tamén este video

E teñamos todos un feliz día á espera dunha nova revolución!

 

Advertisements