DIY!

denim

Din que está de moda o DIY, pero… será unha moda ou é que facelo unha mesma mola moito? Deseñar, ir comprar a tea ou lá, confeccionar e dicir con orgullo: fíxeno eu!!!

Hoxe estou súper contenta porque Miquinho ten os seus cursos continuos practicamente ao 100%. Vén moita xente nova e compatibilizar hobbies con traballos e fillos é ás veces moi complicado. Algunhas (e algún!) viñeron, marcharon, voltaron… pero sempre contentas de ter probado e feito cousiñas preciosas.

Nestes días é moi moi duro montar un negocio. Neste primeiro ano de vida de Miquinho houbo días moi bos e días que custou moito afrontar unha soa mil problemas e deron ganas de tirar a toalla, pero estou encantada de rodearme de creatividade, beleza e xente tan adorable… ^_^

 

 

Advertisements