DIY tamén no verán

Ideas frescas! Ou 4 razóns para non abandoar o mundo do punto e da costura no verán:

1. Un bikini de crochet ou tricot  é puro glamour vintage! As revistas dos 60 e 70 da túa nai ou avoa están cheas deles. De feito,  hai pouco encargáronme un bikini sandía e collín de base un deses patróns para facelo. Realmente son moi fáciles de facer 🙂 Para o meu usei o algodón Coton 3 de Phildar.

bikini  watermelonbikini

E como este ano a tendencia é ensinar barriguiña podes probar a ganchillar un pouco máis e adaptar un deses patróns para facer un top boho-chic como este de GoldenHandsDesign. Visita a súa páxina de Etsy.

top

2. Con esta blusa pinafore podes vestir aos pequechos da casa en pouco tempo e con moi pouco diñeiro. Faise nunha hora. Si, en serio! Ademais é reversible, así que tes un dous por un. A tea é 100% algodón de calidade e pertence á liña Ring a Roses de Gütterman, á venda en Miquinho.

pinafore

3. Presume na praia con todo tipo de accesorios feitos por ti mesma. Albornoces para os pequechos como estes de Create Oh La La  e Crazy Little Projects, cestos personalizados…

toalla Butterflyhoodedtowetutorial

Tamén podes facer unha toalla con almofada incorporada seguindo o titorial de  DIY Enthusiasts

beachtowel

4. Aproveita o tempo libre e apúntate a un curso nocturno de corte e confección. Abre a túa creatividade e fai todo aquelo co que soñas pero non existe en Inditex, como as prendas que confecciona Sewingthe60s. En Miquinho aínda temos sitios libres os martes de 20,15 a 22,15h.

sewingthe60s

 

Advertisements