Tiffany Blue

catalogue jade miami tiffany

Cando o ano pasado abrin Miquinho tiña moi clara a cor que quería na parede. E cando descubrín que esta cor que eu sempre chamei piscina ou auga se chamaba Tiffany Blue fiquei definitivamente namorada.

A famosa casa de xoias de NewYork usa este azul desde que en 1845 publicou o primeiro Tiffany´s Blue Book e ten rexistrado un Pantone co seu nome.
Combinado con rosa e outras cores ácidas sempre me trouxo á mente a Art Deco de Miami  

Hai dúas semanas unha alumna de calceta comezou unha bufanda nesta gama de cor que Phildar ofrece en moitas das súas calidades e que tanto nos gusta, para verán e inverno, por que non?

Nota: o blog www.pourmesjolismomes.com está cheo tamén de inspiración nesta cor.

Advertisements