Vivan as Meninas!

menina

Hai tempo que quería mostrar ás miñas clientas que o algodón Cabotine de Phildar pode ser moi resultón para realizar amigurumis. Ademais de dar un toque rústico é o fío máis doado de ganchillar do mundo. Está moi fiado e non se abre nada!

Eu nunca fixera un boneco/boneca pero dixen, hai que lanzarse! E aproveitei que se facía unha nova edición da Festa das Meninas no Barrio de Canido para aportar algo 🙂 A cabeza e corpo saqueinas do blog Madres Hiperactivas (muñeca gorjuss) e o resto tiven que improvisalo. O cabelo está feito con Phil Douce en cor Choco e o cuello bobo con Coton 3 en cor branca (todo de Phildar). Foi todo unha aventura pero estou encantada co resultado. 

Espero que vos guste! e disculpade pola malísima calidade das fotos que fai o meu móbil! :/

Advertisements