Curso de fiado con roca e fuso

 

Estamos desexando repetir o curso de fiado de lá con roca e fuso. Desta vez daremos 4 clases que corresponden cos 4 venres de outubro. Nelas non só experimentaremos o proceso de cardado e fiado, senón que coñeceremos os tipos de lá, as súas propiedades, como se lava, tintes, coidado e mantemento…

Prezo: 30 euros as 4 clases, materiais incluídos

Tódolos venres de outubro de 17 a 19h

inscrición: en Miquinho, a través do mail info@miquinho.com ou por teléfono 881937320

Advertisements