Como veño da Illa de Arousa de pasar dous días de praia, praia, praia, praia…. vou contar unha cousiña.

Hai uns anos empecei a facer bikinis e tops de crochet. Atopei algunha revista de Phildar dos anos 70 en casa da miña nai. Foron de gran inspiración, ao igual que marcas australianas como Shemademe… Tiven algún encargo e moitas avoas empezaron a vir á tenda a comprar algodón para facerlles ás netas bikinis e tops coma os que no seu momento fixeron para as súas nais ❤ Estaban moi de moda aquel momento e xustamente por iso o imperio empezou a vendelos tamén handmade por 12 e 15 euros e xa deixei de facelos porque ninguén mos compraba. E eu, para que regateen ou digan que son caros, prefiro regalalos a amigas ou facelos para min.

E non me lío máis, só engadir que os das grandes cadenas de roupa son handmade de verdade e moi baratos pero molan máis os feitos pola avoa, que son coma os que fixeron para as nosas nais nos anos 70.
Un bico desta abuela cebolleta 😀

 

 

Fotos de Dani Santalla:

 

 

 

Advertisements